Feminismo para avanzar, xuntas nunha mesma loita

O 8 de marzo conmemoramos o Día Internacional das Mulleres, unha histórica xornada de loita na que pulamos pola dignidade das nosas vidas.

É necesario de tecer redes de apoio mutuo porque a loita polos nosos dereitos está chea de dificultades e obstáculos que soas non poderemos salvar.

Xuntas seguiremos construíndo un movemento feminista amplo e diverso onde todas poidamos sentirnos incluídas, acollidas e empoderadas.